O debate sobre a situación da Atención Primaria acaba sen acordo no Parlamento

O socialista Julio Torrado está convencido de que se poden resolver a metade dos problemas da Atención Primaria se a Xunta quixese mentres que o BNG declara que a AP está na UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O hemiciclo galego acolleu na tarde deste martes un novo debate sobre a situación da Atención Primaria, xa que BNG e PSdeG defenderon dúas mocións que se abordaron de forma agrupada e que --tras rexeitar os grupos impulsores as emendas do maioritario-- recibiron o 'non' do PPdeG.

Durante o debate, a deputada do BNG Montse Prado alertou de que a Atención Primaria en Galicia está "na UCI" por "elección ideolóxica" do PP, postura que vinculou con que a privada é "un bo nicho de negocio para a privada". "Os profesionais están fartos de multiplicarse para lograr dar unha mínima atención e non o conseguen", lamentou.

Pola súa banda, o parlamentario socialista Julio Torrado recoñeceu que os problemas sanitarios son complexos, pero tamén se mostrou convencido de que, se a Xunta puxese "a metade de esforzo que dedica a buscar escusas para a tratar de solucionalos", poderíase "avanzar" aínda que "non se resolvesen todos".

Igualmente, suxeriu que o PPdeG non quere "apostar" polo sistema público e advertiu de que os populares "están a tomar moitas decisións para salvar o titular de mañá", o que resulta "un desastre desde o punto de vista estratéxico". "A nosa proposta é pactar, pactar solucións estratéxicas con diñeiro e prazos", pediu.

"DEIXEN TRABALLAR AOS PROFESIONAIS"

O acordo non foi posible finalmente, e pola súa banda, a deputada popular Encarna Amigo instou á oposición a "deixar traballar" aos profesionais sanitarios para seguir avanzando na mellora da Atención Primaria e apelou a "continuar implantando" as medidas recollidas no documento 'Por unha Atención Primaria vertebradora', e nos compromisos aprobados pola comisión de reactivación.

Tamén incidiu en que "hai acordo" entre todos os grupos en que é preciso incorporar a máis profesionais, pero engadiu que é "necesario e imprescindible" que o goberno central "atenda a petición deste parlamento" e facer "efectiva" unha convocatoria extraordinaria das prazas MIR.

Mobilización de A Voz da Sanidadepola mellora da Atención Primaria
Mobilización de A Voz da Sanidadepola mellora da Atención Primaria | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta