Malestar no PSOE polo apoio de Paco Vázquez a Ciutatans

O ex acalde coruñés participou activamente na Coruña na presentación de Movimiento Ciudano, impulsado por Albert Rivera, presidente de Ciutadans.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/02/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O exalcalde da Coruña e ex embaixador de España no Vaticano no Goberno de Zapatero, Francisco Vázquez, arroupou este sábado a Albert Rivera, presidente de Ciutadans-Partido de la Ciudanía, e impulsor do novo partido a nivel estatal Movimiento ciudadano, na súa presentación en Galicia.

Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña
Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña

A presenza e participación de Paco Vázquez causou unha fonda malestar entre os socialistas galegos, sobre todo, porque, segundo confirmaron fontes de este partido a GC, nin informou desta decisión, nin pediu a baixa do PSOE, a pesares de apoiar públicamente a outro partido.

Na presentación de Movimiento Ciudadano tamén participaron o exfutbolista Albert Luque, a avogada Carolina Punset, a xornalista Anna Grau, ademais do propio Rivera que insistiu en que este novo partido quere cambiar España "polas boas ou polas urnas".

Modelo Ciutatans

A de Galicia é a quinta presentación desta nova formación que ten a súa orixe en Cataluña e copia o modelo de Ciutatans, tras os actos de Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla, e contou coa presenza de preto de 500 persoas

"Esta iniciativa é un compromiso co conxunto dos cidadáns españois para facer fronte ás crises... a económica, a institucional e territorial e a ética con toda a corrupción política, que teñen solución, pois os problemas que ten a democracia resólvense con máis democracia", recolle parte dun manifesto lido no acto.

"Hai unha desafección cara á clase política, o que non podemos é manternos no catastrofismo nin pensar que as cousas se van a arranxar por si soas. O futuro será o que queiramos", engade.

Un proxecto "español"

Precisamente, a receita que propón este partido é un "proxecto común para todos os españois" e que "queiran os españois". Hai que xerar cambios e os cambios conséguense con maioría", engade.

A súa receita: "a democratización dos partidos políticos con eleccións primarias para a confección das listas e a apertura das listas electorais ademais de lograr "que dunha vez por todas a separación de poderes empece a ser efectiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Negrín

Se sodes socialistas, qué carafio pintades no PSG?

5 Foucellas

O PSG é reflexo do nos país, unha parroquia máis de Ferraz e o Vaticano. Ningún país do mundo será libre mentres organizacións delictivas como a Igrexa Católica non estén disoltas e paguen os seus demanes. Non esaxero, que é sinón unha organización con máis de 20.000 pederastas entre os seus dirixentes, con decenas de monas que rouban nenos para vendelos, con miles de relixiosos que se encargan de lavar capitais, traendo cartos de latinoamérica (droga, prostitución e armas) para o banco do Vaticano e desde alí sae limpo para otros? A igrexa e a Banca pon e quita rei, pon e quita partido, sube a súa riqueza e baixa a do pobo. O demais son gaitas. Viva a revolución xacobina-socialista!

1 xaab

Dígocho en serio... tratate, ou teu ten solución!!

4 psd-aggg

En primeiro lugar este señor, pode facer o que queira, senon tivese unha vinculación ou compromiso con outro partido, que por certo é, polo menos na teoría, moi distinto a cidadáns. E é aiquí a gran cuestión, ata cando o psdg como xuntanza de amiguetes vai aturar as paletadas deste persoaxe. Por dinidade este tio tiña que deixar o psdg, que ó mellor xa non forma parte. Por certo canto tempo leva vivindo dos cartos públicos a costa do psoe¡¡¡ porque en Roma viviu moi ben, vos imaxinades que vos pagaran varios anos de traballo nunha embaixada no vatican,á boa vida¡¡¡¡ hai que ser un caradura pero no psoe parece que vai no carné de socio ser un impresentable. por certo non nos esquenzamos: isto acontece porque a sociedade o permite, nos somos os únicos culpables. OS UNICOS¡¡¡

3 Vergonha da GZ

Este lemento é a viva proba de que PPSOE é nacionalismo espanhol. Verghonha para a Galiza este ghicho, igual que Franco, igual que os vilinguistas fachendosos, unha viaxe ó país dos ananos pero sen C.E. Ferreiro

2 Gamonal

Que desvergoña xDDD! o Faraón quitou a careta e amosa a facian. Aparte da sabida do OPUS amosa a sua faciana de franquista da que se sospeitaba. O mesmo Faraón que arruinou o porto da Coruña, ao pequeño comercio, inzou a cidade de grandes centros comercio, de paseos marítimos mediterráneos, de corrupción urbanística e parkings concedidos antes de acabar o prazo e todo coa desculpa de facer unha cibdade de servizos. Non sei que crea mais xenreira, que non esté na cadea polo fraude dos terreos de Mesoiro, ou que vaia polo mundo dando leccións de democracia.