Malestar no PSOE polo apoio de Paco Vázquez a Ciutatans

O ex acalde coruñés participou activamente na Coruña na presentación de Movimiento Ciudano, impulsado por Albert Rivera, presidente de Ciutadans.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/02/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O exalcalde da Coruña e ex embaixador de España no Vaticano no Goberno de Zapatero, Francisco Vázquez, arroupou este sábado a Albert Rivera, presidente de Ciutadans-Partido de la Ciudanía, e impulsor do novo partido a nivel estatal Movimiento ciudadano, na súa presentación en Galicia.

Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña
Francisco Vázquez apoia a Albert Rivera na presentación de Movimiento Ciudadano na Coruña

A presenza e participación de Paco Vázquez causou unha fonda malestar entre os socialistas galegos, sobre todo, porque, segundo confirmaron fontes de este partido a GC, nin informou desta decisión, nin pediu a baixa do PSOE, a pesares de apoiar públicamente a outro partido.

Na presentación de Movimiento Ciudadano tamén participaron o exfutbolista Albert Luque, a avogada Carolina Punset, a xornalista Anna Grau, ademais do propio Rivera que insistiu en que este novo partido quere cambiar España "polas boas ou polas urnas".

Modelo Ciutatans

A de Galicia é a quinta presentación desta nova formación que ten a súa orixe en Cataluña e copia o modelo de Ciutatans, tras os actos de Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla, e contou coa presenza de preto de 500 persoas

"Esta iniciativa é un compromiso co conxunto dos cidadáns españois para facer fronte ás crises... a económica, a institucional e territorial e a ética con toda a corrupción política, que teñen solución, pois os problemas que ten a democracia resólvense con máis democracia", recolle parte dun manifesto lido no acto.

"Hai unha desafección cara á clase política, o que non podemos é manternos no catastrofismo nin pensar que as cousas se van a arranxar por si soas. O futuro será o que queiramos", engade.

Un proxecto "español"

Precisamente, a receita que propón este partido é un "proxecto común para todos os españois" e que "queiran os españois". Hai que xerar cambios e os cambios conséguense con maioría", engade.

A súa receita: "a democratización dos partidos políticos con eleccións primarias para a confección das listas e a apertura das listas electorais ademais de lograr "que dunha vez por todas a separación de poderes empece a ser efectiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 anonimo

pues que se fastidien, se vendieron a los nacionalistas y eso al final no sale gratis. nuevos tiempos se avecinan, qué justiño.

1 Necionalismo españolista

Y ahora van con otros nacionalistas...tachaaaán!