O cineasta Gonzalo Suárez cede á Fundación Blanco Amor as cartas do autor durante a rodaxe de 'Parranda'

O filme está baseado na obra 'A Esmorga'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/09/2021 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O cineasta Gonzalo Suárez cedeu á Fundación Blanco Amor tres cartas do autor ourensán durante a rodaxe da película 'Parranda', baseada na obra 'A Esmorga'.

Cartas de Blanco Amor a Gonzalo Suárez
Cartas de Blanco Amor a Gonzalo Suárez | Fonte: Deputación de Ourense

Eduardo Blanco Amor traduciu 'A Esmorga' ao castelán en 1973 e optou por titular a súa obra como 'Parranda'. Catro anos despois, en 1977, Suárez dirixiu a adaptación coa participación dos actores Fernando Fernán Gómez, José Sancristán, José Luís Gómez e Antonio Ferrandis.

Respecto diso, o presidente da Fundación Blanco Amor e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destaca que esta correspondencia "non son simples documentos, senón un auténtico tesouro que vincula áun máis o cinema a un xigante das nosas letras como Blanco Amor".

En concreto, estas misivas "refírense directamente á rodaxe dunha película que ten a Ourense, á Auria Blancoamoriana, como protagonista", destaca Manuel Baltar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta