Adif adxudica por case 2,5 millóns as obras de mellora de vías nas estacións entre Ferrol e Ortigueira

As obras teñen un prazo de execución estimado en seis meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Adif adxudicou por case 2,5 millóns de euros --á empresa Contratas e Vendas-- as obras de renovación de vías nas estacións comprendidas no tramo de ancho métrico entre Ferrol e Ortigueira.

Segundo informa Adif nun comunicado, o prazo estimado para executar as obras será de seis meses. Suporá adaptar e renovar os esquemas de vías das estacións de Ferrol, Xuvia, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Ponche Mera e Ortigueira

Este proxecto enmárcase nos traballos para eliminar o bloqueo telefónico no tramo Ferrol-Ortigueira (forma parte da liña Ferrol-Pravia), co fin de que pase a estar regulado por telemando automático desde o Centro de Regulación de Circulación (CRC) do Berrón (Asturias).

As obras consistirán fundamentalmente na renovación das vías con travesas de madeira, a mellora do trazado, a substitución de aparellos de vía de madeira por aparellos de formigón, a rehabilitación de vías de apartado e a substitución de cruces peonís de vía a nivel en formigón ou asfaltados por chan de caucho.

O tramo Ferrol-Ortigueira ten unha lonxitude duns 53 quilómetros de lonxitude en vía única non electrificada. Este tramo está dotado do sistema de axuda á condución de Anuncio de Sinal e Freado Automático (ASFA) e bloqueos telefónicos entre as estacións lindeiras.

Adif xa adxudicou a finais do pasado ano por un importe superior a 13 millóns de euros, as obras necesarias para suprimir o sistema actual de bloqueo telefónico do devandito tramo e substituílo por bloqueos automáticos regulados por telemando desde o posto de Control de Tráfico Centralizado (CTC) do Berrón (Asturias).

Arquivo - Vías de tren de Adif. ADIF - Arquivo
Arquivo - Vías de tren de Adif. ADIF - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta