As incógnitas do coro pétreo do Mestre Mateo, unha xoia do románico destruída no século XVI

A desaparecida obra protagonizará unhas xornadas nas ue diversos expertos tentarán botar luz sobre os seus últimos segredos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O gran coro de pedra que ocupaba o catro primeiros tramos da nave central da Catedral de Santiago, o cal foi destruído nos primeiros anos do século XVI, protagonizará unhas xornadas centradas en obras mestras da arte románico.

A Fundación de Santa María La Real colabora, por terceiro ano consecutivo, co Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC para levar a cabo este curso, que terá lugar do 2 ao 4 de novembro. Será en liña e contará coa participación de destacados especialistas procedentes de diferentes universidades e centros de investigación.

Así, centrarase en seis grandes edificios románicos que, a pesar de ser obxecto de numerosos estudos, "aínda expoñen incógnitas que se tentarán desvelar desde metodoloxías e enfoques actualizados", explica Pedro Luís Huerta, coordinador do programa de cursos da Fundación Santa María la Real.

En concreto, trátase de San Miguel de Estella, en Navarra; o mosteiro das Huelgas, en Burgos; a Cámara Santa de Oviedo; as pinturas murais de Bagüés --actualmente no Museo Diocesano de Jaca--; San Isidoro de León e o coro pétreo do Mestre Mateo, cuxa reprodución pode verse no Museo da Catedral de Santiago.

A última sesión do 4 de novembro contará coa intervención de Victoriano Nodar, profesor da universidade de Vigo, que se centrará na función e decoración do coro pétreo, "unha obra mestra do mobiliario litúrxico románico".

Coro pétreo do Mestre Mateo, nunha reproduciónn
Coro pétreo do Mestre Mateo, nunha reproduciónn | Fonte: © José Luiz Bernardes Ribeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta