O Goberno repartirá 500 toneladas de comida entre 16.000 persoas da provincia da Coruña

Forma parte da segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas 2021, que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, repartirá 526 toneladas de comida entre 16.000 persoas da provincia da Coruña. Así o expuxo a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, durante a súa visita ao Banco de Alimentos Rías Altas, na que estivo acompañada pola presidenta da asociación, Concepción Rey, e a vicepresidenta, Lorena Pedreira, así como do resto da xunta directiva.

O programa desenvolveuse en dúas fases. A primeira, realizada en maio, repartiu 314 toneladas de comida, e o investimento total do Goberno ascendeu 697.890 euros. Os alimentos chegaron aos usuarios a través dos bancos de alimentos, Cruz Vermella e distintas organizacións colaboradoras. A subdelegada agradeceu a colaboración "extraordinaria" de todos os voluntarios e voluntarias e reiterou o compromiso co máis desfavorecidos. "Un esforzo excepcional dun Goberno que priorizou ás persoas nos momentos máis duros", engadiu.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visita o Banco de Alimentos Rías Altas. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visita o Banco de Alimentos Rías Altas. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta