Galicia xa ten vacinada ao 84% da súa poboación

As áreas sanitarias da Coruña-Cee e Pontevedra-O Salnés pecharán este sábado os seus centros de vacinación masiva

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Máis de 2.260.500 persoas en Galicia contan con pauta completa contra a Covid-19, tras finalizar o proceso outras 2.670, polo que o 92 por cento da poboación diana --maiores de 12 anos-- está inmunizada e o 83,72% dos habitantes da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, administráronse 4.377.920 dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia, 5.234 máis que as rexistradas ata o día anterior, que representan o 99,73 por cento das 4.389.629 recibidas ata a data.

Das doses administradas este xoves, máis de 2.600 foron destinadas a completar pautas, con 2.670 persoas máis co proceso finalizado, polo que ascenden a 2.260.559 os cidadáns inmunizados en toda a Comunidade galega.

CENTROS DE VACINACIÓN MASIVA

As áreas sanitarias continúan coa administración de segundas doses pendentes, así como coa inoculación sen cita ou mediante autocita nos puntos habilitados para iso.

En concreto, este venres, por exemplo, na de Pontevedra e O Salnés no recinto feiral pontevedrés hai 1.450 segundas doses programadas en persoas de idades diversas, mentres que o de Fexdega en Vilagarcía de Arousa ten previsto incocular 400 segundas doses en quenda de mañá.

Os centros de vacinación masiva da área de Pontevedra e O Salnés terminarán o seu labor este sábado. En concreto, no recinto feiral da cidade do Lérez está previsto administrar dose de 9,00 a 14,00 horas, tras o que pechará ás 14,30 horas, indicaron fontes sanitarias.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.   / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta