A rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra comezará a mediados de 2022

O Goberno provincial vai solicitar fondos europeos.

Por E.P. | Pontevedra | 01/10/2021 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra quere empezar as obras de rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra a mediados do próximo ano 2022. Así o anunciou o vicepresidente da Deputación e responsable político do museo provincial, César Mosquera.

Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra | Fonte: FirkinCat en Wikipedia.

Mosquera informou que o proxecto da primeira fase da reforma estará listo o próximo mes de novembro e que a apertura da licitación prevese para final deste ano se continúa o ritmo previsto.

Ademais, indicou que o orzamento da actuación roldará os seis millóns de euros. A Deputación vai solicitar fondos europeos para mellorar as instalacións do museo, motivo polo que se está preparando toda a tramitación para cando se abra a convocatoria.

Nunha primeira fase realizarase a rehabilitación dos edificios de Castro de Monteagudo e García Flórez, así como a súa conexión soterrada simple.

Deixarase para unha segunda fase, a expensas de conseguir máis financiamento e do destino do Convento de Santa Clara, a rehabilitación do edificio Fernández López, único inmoble da mazá central que quedaría sen rehabilitar.

A Deputación contratou unha nave en Ponte Caldelas, por 1.000 euros ao mes, para gardar todo o material non expositivo que hai nos edificios Castro Monteagudo e García Flórez co obxectivo de baleiralos para a súa reforma.

SANTA CLARA

Sobre a posible incorporación do Convento de Santa Clara como edificio do museo, o vicepresidente apuntou que nestes momentos os trámites da compra por parte do Concello pontevedrés aínda non están pechados e tampouco foi posible analizar os terreos e instalacións para ver se son viables como espazo para a institución museística.

"A previsión é que é un bo espazo, pero claro non está. Eu persoalmente penso que si, pero con solucións imaxinativas, só é unha hipótese", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta