O litoral da provincia da Coruña permanecerá este sábado en alerta laranxa por temporal costeiro

O resto da costa galega estará en alerta amarela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña.Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir deste sábado pola tarde empezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa que afectará o noroeste do litoral da provincia da Coruña.

Deste xeito, espérase vento do suroeste de forza oito, que ira cambiando a noroeste a partir da medianoite e ata últimas horas da madrugada. Ademais, o resto da costa galega estará en alerta amarela por ventos de forza sete e ocasionalmente oito, e mar combinado do oeste ou noroeste con ondas de ata cinco metros.

Tamén ao longo da tarde practicamente toda a comunidade estará en alerta amarela por precipitacións acumuladas en 12 horas e vento o suroeste, con refachos máximos de ata 80 quilómetros por hora.

Por este motivo e co fin de garantir os bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña)
Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta