Competencia ve "excesivas" as compensacións á concesionaria da AP-9

O organismo considera que Audasa recibe un beneficio "inxustificado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

A Comisión Galega da Competencia, organismo vinculado á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Emprego e Industria, considera "excesivas" as compensacións económicas outorgadas á concesionaria da AP-9, Audasa, polas obras que realiza na infreastructuras, que permitan unha subida de peaxes que fai que obteña un beneficio "inxustificado".

Así o determina nun ditame aprobado no pleno da comisión o pasado 1 de outubro e que permanece publicado na páxina web do organismo autonómico, no que tamén pon en cuestión as sucesivas prórrogas concedidas polos distintos gobernos que, segundo a entidade, vai en contra da competencia e do interese de administracións e usuarios.

O documento analiza as concesións concedidas a Audasa e expresa as súas dúbidas polo réxime no que queda fixado o sistema de compensacións asociado ás peaxes polos investimentos a realizar na infraestrutura, unha cuestión que hai unha semana foi tamén cuestionada pola Comisión Europea en relación á prórroga aprobada polo goberno de José María Aznar no ano 2000.

Así, Competencia establece que o cálculo do sistema de compensción debería orientarse "exclusivamente" a que a concesionaria recupere a inveresión e así evitar que estes gastos supoñan a "ruptura do económico do equilibrio económico". Con todo, considera que no caso de Audasa existe un exceso da compensación económica que, por tanto, redunda nuns beneficios "inxustificados".

De feito, cre que o 1% da subida anual de peaxes asociada ao incremento do IPC que foi conceder a Audasa en compensación polas obras de Rande e Santiago "é moi superior á que tería que abonar" polo financiamento de ditas acutaciones se se adxudicasen "a un operador de mercado".

Por tanto, Competencia considera que as condicións outorgan "unha vantaxe indebida" a Audasa, á vez que advirte que, a pesar de que o régime de concesións constitúen un "monopolio legal", o feito de que se concedan prórrogas a maiores restrinxe a concorrencia doutros operadores, co que "desaparece o mercado e a competencia en prexuízo da propia Administración e dos consumidores".

Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press
Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando unha humilde asociación de consumidores logra un inesperado éxito https://twitter.com/En_Colectivo_ todos se apuntan a merodear arredor do cadaver, non vaia ser que a sociedade civil entenda co entramado político-administrativo só está para colaborar coa Estafa da AP9 ! Alguén sabía siquera da existencia desta comisión? https://competencia.gal/gl/comision... Pero das comisións bancarias e do abuso das entidades financieiras aínda non falan... ?