O Goberno central aprema á Xunta a declarar o encoro das Conchas masa de auga contaminada

Ecoloxistas en Acción Ourense insta á administración autonómica a abandonar a súa "inoperancia" e informar ao turismo que se achega ás praias fluviais do encoro da contaminación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/10/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción Ourense celebra a decisión do Ministerio de Transición Ecolóxica, que insta ao Goberno autonómico a declarar o encoro das Conchas como masa de auga afectada por contaminación de nitratos e a masa de auga subterránea da Limia como auga en risco de estar afectada por esta contaminación. A organización ecoloxista denuncia que "o encoro non pode seguir contaminado pola gandería industrial co silencio cómplice das administracións competentes".

Augas do encoro de As Conchas tinxidas pola gran concetración de cianobacterias - cedida
Augas do encoro de As Conchas tinxidas pola gran concetración de cianobacterias - cedida

O pasado mes de xuño, a organización ecoloxista, a través do grupo parlamentario Unidas Podemos, solicitaba no Congreso dos Deputados que o Ministerio de Transición Ecolóxica procedera á verificación da orixe do exceso de nutrintes ao encoro das Conchas e a súa vinculación co exceso de explotacións gandeiras industriais na comarca da Limia.

Sinalan a importancia de que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil admita "xa" que o exceso de nutrintes derivados da actividade agrogandeira da conca do río Limia, sexa o causante da contaminación difusa e eutrofización das masas de auga subterraneas. Pero esixen que este recoñecemento da problemática vaia aparellado de medidas para frear a aplicación de subproductos de orixe animal e fertilizantes nas zonas agrícolas da comarca da Límia.

Censuran ademais que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade,  a pesar de ter "analíticas de microcistinas con alarmantes valores", continúa a súa "inoperancia" á hora de informar ao turismo que se achega ás praias fluviais do encoro. “Somos sabedores de que houbo bañistas, neste mes de agosto, nas augas do encoro cando este estaba en nivel 3 de perigosidade sen que Sanidade fixera o seu traballo ata que foi denunciada”, di Montse Valencia, voceira de Ecoloxistas en Acción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta