Comisións Obreiras insiste en que é "legal" adscribir a fábrica de Ence ao Porto de Marín

O Concello de Pontevedra insiste en que esta vía, que xa foi descartada hai anos, non é legal.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 04/10/2021 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A sección sindical de Comisións Obreiras na fábrica de Ence de Lourizán (Pontevedra) defendeu a legalidade de adscribir a planta de celulosas ao Porto de Marín para garantir a súa permanencia na ría de Pontevedra.

Fábrica de Ence en Pontevedra
Fábrica de Ence en Pontevedra | Fonte: Santos-Diez - Europa Press.

A presidenta do comité de empresa das oficinas centrais, Ana Cedeira cargou contra os seus compañeiros do comité de fábrica porque "só ven viable o traslado".

Aínda que a vía xudicial segue aberta, desde Comisións Obreiras reiteran que esta adhesión da fábrica á dársena marinense é "unha solución viable e definitiva" para asegurar a continuidade da planta en terreos de dominio público. Con todo, esta vía, que o Concello de Pontevedra insiste en que non é legal, xa foi descartada hai anos e tampouco foi debatida na reunión da última mesa de traballo.

Este luns, Ana Cedeira asegurou que dispoñen dun informe no que se xustifica a legalidade desta acción e defenden que se os recursos de casación non prosperan tentarán avanzar nesta vía, aínda que para iso precisan o voto favorable de Portos do Estado, un ente público empresarial dependente do Goberno de España.

Para manter a presión na rúa, Comisións Obreiras convocará unha nova mobilización que esperan que sexa secundada de forma masiva e para a que aínda non teñen data.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Stark Trek

COMISIÓNS OBREIRAS defendendo a "patronal"...