O prezo da vivenda de segunda man subiu en Galicia un 4,2% no terceiro trimestre en taxa interanual

A provincia máis cara é a de Pontevedra e a máis económica a de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/10/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda de segunda man experimentou nos tres primeiros meses deste ano un incremento do 0,4% e dun 4,2% en taxa interanual, situando o prezo medio en 1.620 euros o metro cadrado, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. O incremento trimestral (0,4%) é a primeira subida producida neste período despois de catro anos de caídas.

Por provincias, cae en tres. Os descensos trimestrais corresponden á provincia de Lugo cun -0,5%, seguida de Ourense con -0,4% e A Coruña con -0,3%. Doutra banda, a provincia co incremento máis acusado é Pontevedra, cun 1,6%.

En canto ao ranking de prezos por provincias, Pontevedra é a que ten o prezo máis caro, en concreto págase 1.845 euros o metro cadrado. Doutra banda, a provincia máis económica é Lugo con 1.156 euros por metro cadrado.

En canto ás capitais de provincia, o prezo da vivenda trimestral sobe en dous municipios. Os incrementos trimestrais van do 4,1% de Pontevedra capital ata o 0,3% da Coruña capital. Doutra banda, en Lugo capital descende o prezo da vivenda trimestral en setembro un -4,1% e en Ourense capital un -0,7%.

A capital máis cara para comprar unha vivenda de segunda man é A Coruña con 2.367 euros/metro cadrado. Séguenlle, Pontevedra con 1.850 euros/metro cadrado. Doutra banda, a capital máis económica é Lugo con 1.413 euros o metro cadrado.

MUNICIPIOS

O prezo medio da vivenda trimestral de segunda man sobe no 61% dos 44 municipios analizados por Fotocasa. Na Coruña detéctase o maior incremento trimestral, en concreto o 7,5% no municipio de Ares. Séguelle o municipio de Salvaterra de Miño con 6,9% e Mugardos con 6%.

O de Nigrán ten o prezo da vivenda en venda máis caro con 2.731 euros o metro cadrado. Doutra banda, o municipio de Vilalba preséntase como o máis económico para comprar, en concreto o prezo é de 712 euros o metro cadrado.

A festa tivo lugar nunha vivenda de aluguer vacacional. POLICÍA LOCAL- Arquivo
A festa tivo lugar nunha vivenda de aluguer vacacional. POLICÍA LOCAL- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta