Froitos silvestres made in Galicia

José Antonio Teiga Pensado é un agricultor mozo que no ano 2009 dediciu apostar pola produción de froitos silvestres, un sector no que Galicia pode ser unha potencia. Entrevista no interior.

Por GCAgro | Negreira | 21/02/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

No ano 2009 José Antonio Teiga decidiu por en marcha en Negreira un proxecto de produción de froitos silvestres en ecolóxico. Na súas fincas cultiva en ecolóxico framboesas, arandos, grosellas, amorodos e fresón.

Framboesas
Framboesas | Fonte: GC

Móstrase moi satisfeito co traballo feito, aínda que bota en falta por parte da Xunta de Galicia un maior asesoramento técnico ás persoas que deciden incorporarse á agricultura. Lamenta tamén que non aproveitemos a imaxe de calidade que Galicia ten no exterior para orientar a nosa produción agraria e forestal cara produtos de calidade e de máis valor.

-A agricultura en Galicia é unha profesión moi envellecida. Por qué un mozo coma ti decidiu dar o paso para dedicarse á agricultura?
Na casa na que medrei sempre traballamos a terra, pois tiñamos unha pequena explotación de gando vacún de leite. Iso animoume a decantarme polo sector agroforestal na miña formación, neste caso Enxeñería Técnica Forestal. Máis adiante, á hora de buscar emprego sempre preferín os traballos de campo aos de gabinete, como o de viveirista, que desenvolvín en varias empresas.

Por outro lado, cando os meus pais se xubilaron, as terras quedaron abandonadas, polo que
iso tamén me fixo plantexarme qué se podía facer para mantelas produtivas.Estas serían as principais razóns que me levaron a traballar no agro.

-Contaches con apoios por parte da Xunta cando decidiches dar este paso? Como o valoras?
Dende fai anos existen axudas para favorecer a incorporación de mozos á actividade agraria, que no meu caso foron as que me permitiron afrontar o investimento inicial. Para min a valoración é positiva, aínda que se bota de menos o apoio no asesoramento inicial, aparte da axuda económica.

Cada vez hai máis demanda de froitos silvestres

-Por qué decidiches especializarte en froitos silvestres producidos de forma ecolóxica?
Os froitos silvestres son produtos cunha demanda crecente nos mercados locais, pero é
difícil atopalos nas tendas se non son de importación. Por outro lado, o cultivo en ecolóxico é, ademais de por convicción propia, o único xeito de poder diferenciarse das grandes empresas produtoras, aportando un selo de calidade.

A superficie inicial proxectada consta dunha hectárea e media de plantación de froitos silvestres e castiñeiros en dúas parcelas forestais, e noutra parcela agrícola máis pequena a plantación de fresón e habilitación dunha zona de viveiro de plantas para a súa comercialización. Deste xeito, durante o verán, dedícome á produción de froita e no inverno á de planta.

A produción en ecolóxico depende de moitos factores que non son tan doados de controlar como na agricultura convencional e os resultados poden ser moi dispares. A produción máxima que se podería acadar no meu caso é de 1,5 a 2 toneladas de fresón/ano e ata 2 a 3 toneladas/ ano de froitos silvestres.

-Cales son os teus principais clientes?
Os principais clientes no que se refire á froita, son as pequenas froiterías e pastelerías. Tamén comercializo o meu produto a través de varios grupos de produtores da comarca, dos cales formo parte. Por un lado está a asociación de produtores “Lentura” adicada a comercializar produto local de calidade na comarca de Santiago.

Por outro lado, hai outra asociación de recente creación chamada Horgaliza, que comercializa horta en ecolóxico a nivel galego.

Tamén son socio da cooperativa EGALI, que comercializa produtos galegos de calidade e ten unha plataforma de venta por internet a toda a península, ademais de servirlle produto a negocios de hostalería de Santiago e bisbarra.

No que se refire á venda de plantas, esta é tanto a nivel local de forma directa como por internet para o resto da península, a través do seguinte blog: fragaira.blogspot.com.

-Qué potencial lle ves á produción de froitos silvestres en Galicia?
A demanda destes produtos aínda é incipiente para o consumo en fresco, aínda que transformada xa existe dende fai anos nas tendas e áreas comerciais, en forma de marmeladas, zumes, xeados... O que se aprecia é cada vez unha demanda maior en tendas delicatessen e restaurantes de cociña elaborada, e tamén nas pequenas froiterías que venden froita ecolóxica ou de calidade.

A produción de froitos silvestres tamén está en aumento, pois cada día xorden novas relacionadas con plantacións orientadas a estes cultivos.

No que se refire á demanda de plantas, a maior parte delas véndense para fora de Galiza, aínda que esta tendencia tamén está cambiando.

"Antes de dedicarse á agricultura é fundamental asesorarse ben"

-Cómo valoras o camiño percorrido ata agora e qué consellos lle darías a unha persoa moza ou non que decida dedicarse á agricultura, algo que en Galicia ven sucedendo dende o inicio da crise...
Estou moi satisfeito do traballo feito ata o momento, aínda que non foi fácil, porque o proxectado non soe coincidir coa realidade, e sempre xorden problemas ou imprevistos que obrigan a facer cambios no sistema produtivo. O máis difícil para os pequenos produtores agrícolas soe ser a comercialización, e neste caso aínda máis.

A recomendación que lle faría a unha persoa que queira adicarse á agricultura é que se asesore ben, para poder ter un diagnóstico real da situación inicial e dos obxectivos que se queren acadar.

-Qué lle solicitarías ás administracións e á sociedade en xeral para apoiar aos agricultores mozos?
Á administración pediríalle que apoiara máis ós proxectos que priman a calidade e que se favorecera a transformación deses produtos para aportarlle maior valor engadido, pois temos unhas características de clima e solo privilexiadas para producir calquera cousa. É unha pena que para o resto do mundo Galicia sexa símbolo de calidade, mentres aquí o que se fomenta son as explotacións intensivas, totalmente dependentes das grandes empresas distribuidoras e das que lles subministran os pensos ou as sementes. Evidentemente poden ser rendibles, pero non deberían ser a única opción.

No que se refire ao monte, fomentouse a industria do papel e do conglomerado, en detrimento da madeira de calidade e o resto dos aproveitamentos. Hoxe en día, a falta de ordenación e as plantacións sen sentido debido ao pequeno tamaño das parcelas, provocan que teñamos madeira mal pagada, problemas de incendios con risco dos núcleos habitados, e unha degradación tanto do solo como paisaxística. Isto, xunto co minifundismo, favorece algo ás empresas que tratan a madeira, pero sobre todo á industria.

Á sociedade simplemente recomendarlles que merquen produtos locais, pois non son caros e dende logo a calidade é frescura é moi superior á que ofrecen as grandes áreas comerciais.

-Qué plans tes para a túa explotación?
Este proxecto aínda non está concluido, pois o plan inicial sempre foi, a medio prazo, poder realizar a transformación dos froitos silvestres e depender menos da estacionalidade deste produto e acadar un maior valor engadido.

Finca de Fragaira, froitos silvestres
Finca de Fragaira, froitos silvestres | Fonte: GC

Framboesas e groselleiras en flor
Framboesas e groselleiras en flor | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Guillermo rodríguez Fdez.

Por algunha razón a miña comunicación saiu cortada. queria dicir que presido unha Asociación cultural nunha aldea galega e temos pensado facer pequenas excursións visitando explotacións coma a de José, polo que solicitaba o seu e-mail para poñernos en contacto con el.

1 GcAgr0

Bos días Guillerme: Para contactar con José Antonio pego a información de contacto que aparece na súa web: Tlf: 699761644 fragaira@gmail.com www.fragaira.blogspot.com Moitas gracias polo teu interese no GCAgro

2 Guillermo Rodríguez Fdez.

ra que as xentes do rural, sobre todo os máis novos, se decasten que o campo ten saidas. Agradeceria quen me poida facilitar o e-mail deste pequeno empresario galego para entrar en comunicación con el. O meu correo é: guillermo@apeneiradixital.com

1 Joseva

Esta e a mejor maneira de enfrentarse e frenar a despoblacion e o abandoo do agro galego,esta ten que ser una das millores farramentas pra tamen recuperar amploas extension de agro e monte -comarcas enteiras sen vecinanza dende anos atras-Parabens a inciatiba de Jose e agardar moitas mais na mesma linea aixina.