Atopan o corpo sen vida dun ourensán de 77 anos no Río Miño

Non presentaba signos de violencia, segundo fontes da Policía Nacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O corpo localizado na mañá deste martes no Río Miño preto da ponte romana corresponde a un home de 77 anos veciño do municipio, cuxo cadáver estaba "sen signos de violencia". Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, a cargo da Policía Nacional para esclarecer a morte deste home.

Foron varias persoas as que avisaron uns minutos antes das 9,00 horas da presenza dun corpo na auga no Río Miño en Ourense, que foi recuperado á altura da ponte romana. En concreto, o 112 informou de que a primeira chamada de aviso ao servizo de emerxencias tivo lugar ás 8,30 horas deste martes na que se indicou que o vía desde a ponte, na rúa de Curros Enríquez.

A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un dispositivo no que interviñeron os servizos sanitarios, os axentes da Policía Nacional e Local, os Bombeiros de Ourense e os efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron o rescate do corpo.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou ao momento unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria, que confirmaron no lugar a morte deste home. Ao lugar, ademais dos servizos sanitarios e axentes policiais trasladáronse o equipo forense e xudicial.

Vista frontal da ponte romana de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo
Vista frontal da ponte romana de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta