"As máscaras nos colexios viñeron para quedar"

Sanidade prevé manter "por prudencia" a máscara nos colexios mesmo ao aire libre, pero analizarao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mostrouse claro a favor de que prevaleza o criterio de "prudencia" no uso da máscara no ámbito escolar. Así, polo momento non se prevén cambios, nin sequera nos espazos ao aire libre como os recreos (onde fóra dos centros escolares si está permitido quitarse a máscara), aínda que matizou que se abordará coa Consellería de Educación esta cuestión.

En resposta a preguntas dos medios, o titular da carteira sanitaria, García Comesaña, sinalou que, en xeral, naqueles ámbitos en que había capacidades do 50 por cento pásase ao 75 e nos que xa había 75 por cento de capacidade, auméntase ao 90 por cento, algo que ligou tamén co ámbito educativo.

En canto ao uso de máscaras nos escolares, Comesaña contestou que "hai que analizalo con Educación", xa que se trata por agora dunha cuestión que xurdiu recentemente. "Temos que analizar todas as situacións particulares e temos que decidir", apuntou. Iso si, "probablemente o criterio de prudencia prevalecerá". Deste xeito, Sanidade non ten intención de modificar o uso da máscara nos escolares, nos que agora, dixo, céntrase a incidencia de covid-19, aínda que recoñeceu tamén que foi "máis baixa" na última semana con respecto á anterior.

"VEU PARA QUEDAR"

Sobre "prudencia" tamén falou o integrante do comité clínico Tato Vázquez Lima, coordinador de Urxencias no Hospital do Salnés, na área sanitaria de Pontevedra. Neste caso, referiuse a que a "prudencia" deu "moi bos resultados en interiores dos locais" e por iso apostou por manter neles "a máscara sempre que sexa posible", como medida que permite non só conter o coronavirus, senón tamén a gripe ou virus como o sincitial.

Ademais de sinalar a "ventilación" como clave e que "debe de quedar" entre nós porque é "calidade para os cidadáns e unha medida básica" de hixiene contra a transmisión vía aérea dos virus, apuntou que a máscara "veu para quedar" en ámbitos como o sanitario.

Unha idea que xa expuxo noutras ocasións e que este martes, na súa intervención na rolda de prensa posterior ao comité clínico volveu a esgrimir. Así, en zonas sanitarias, en lugares de hospitalización con poboación moi sensible, urxencias, en patoloxías sensibles "parece lóxico que pensar" que todo aqueles que acoden así como os profesionais sigan con ese elemento de protección.

Nenos paseando / ANA VARELA - Arquivo - Europa Press.  / Europa Press
Nenos paseando / ANA VARELA - Arquivo - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta