"Aceptar agasallos por cargos públicos é un delito no Código Penal"

Feijóo evita falar das responsabilidades da Pokemon ata ver como evoluciona o sumario

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2014 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta foi este xoves reticente a seguir opinando sobre o caso Pokemon, pero, ante a publicación de novas partes do sumario nas que se recolle que ata 35 políticos e funcionarios recibiron agasallos por parte dos dirixentes de Vendex, quixo deixar claro que iso está "tipificado no Código Penal".

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: ppdeg.es

"De agasallos que non estean prohibidos pola lei será cada un responsable de tomar a decisión que corresponda en función do volume do agasallo, do volume da atención e en función de se iso pode comprometer a decisión, polo menos subxetivamente, dese político. O que está fóra dos ámbitos legais xa corresponde a cuestións máis persoais", dixo Feijóo.

Con todo, insistiu en que recibir agasallos a cambio de contratos está tipificado como delito no Código Penal e "aínda que non sexa a cambio de contratos, pero que superen unha contía, tamén está tipificado", suliñou.

Feijóo xa falou da Pokemon

Foi o pouco que dixo sobre a operación Pokemon da que non quixo falar moito máis porque, insistiu xa expresou a súa opinión na Cámara. Foi este mércores, na sesión de Control ao Goberno onde tamén dixo que os casos de nepotismo se dan en todos os partidos.

"Vou seguir sendo prudente antes de tomar unha decisión cos cargos do meu partido que aparecen implicados porque hai que ver que actitudes e actividades delituosas hai no sumario", indicou ao ser preguntado pola implicación de Paula Prado. En todo caso, apuntou, que as repercusións deste caso afectarán, non só ao PPdeG, senón "a distintos partidos e formacións políticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta