Sanidade defende manter o 90% da capacidade por "prudencia"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/10/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defendeu manter por agora un 90 por cento da capacidade e esperar a alcanzar o 100 por cen no próximo ciclo epidemiolóxico por un criterio de "prudencia" e para ter controladas todas as "variables".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes Losada, e o xerente do Sergas, José Flores Arias
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes Losada, e o xerente do Sergas, José Flores Arias | Fonte: CONCHI PAZ - XUNTA.

Ás voces que suxiren que se debería ir xa ao 100 por cen de capacidade (tampouco se recuperaron polo momento os horarios), Comesaña respondeu defendendo a actuación con criterios de "prudencia", como ata agora.

É certo, engadiu, que Galicia está "nun momento moi bo de vacinación e de incidencia", pero indicou que "hai variables" que queren ter "controladas" antes de chegar a ese 100 por cen.

Se en 15 días se manteñen os mesmos niveis de incidencia, ratificou, Galicia "recuperará a normalidade" na capacidade, como a "evidencia suxire".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta