Galicia roza o 93%da poboación diana coa doble pauta contra a Covid tras inocular outras 1.130 doses

A vacinación continúa nos puntos situados nos hospitais do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia roza o 93 por cento de poboación diana --maiores de 12 anos de idade-- inmunizada contra a Covid-19 despois de inocular na xornada deste mércores pasado outras 1.134 doses. Deste xeito, o proceso de vacinación contra a Covid-19 prosegue coa administración de 1.134 doses, das cales máis da metade foron para completar pautas na xornada deste mércores, polo que ascenden a un 84,36 por cento os habitantes da Comunidade galega con pauta completa e ao 92,8% a poboación diana.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do mércores, recollidos por Europa Press, administráronse 4.398.200 doses da vacina contra a Covid-19 en Galicia ata o momento, 1.134 máis que as rexistradas ata o día pasado.

Desas 1.134 doses administradas este mércores, máis da metade destináronse a completar pautas, con 754 persoas máis co proceso finalizado, polo que ascenden a 2.277.960 as persoas inmunizadas na Comunidade galega.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.127 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.605 dependentes non institucionalizados; e 26.972 persoas institucionalizadas. Ademais, 2.071.827 vacináronse por idade (+707).

Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.720 profesionais do ámbito sanitario e 27.185 do sociosanitario, ademais de 44.075 traballadores de actividades consideradas esenciais.

En Galicia o proceso de vacinación continúa nos puntos situados nos hospitais do Sergas despois de que a semana pasada pechasen os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos.

Vacinación no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Europa Press - Arquivo. / Europa Press
Vacinación no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Europa Press - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta