As pensións mínimas e non contributivas subirán un 3% en 2022

O Goberno anuncia unha revalorización conforme ao IPC no resto de prestacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, anunciou este xoves que as pensións mínimas e non contributivas subirán un 3% en 2022. O resto de pensións revalorizaranse en función da inflación media dos doce meses anteriores que se rexistre en novembro deste ano, tal e como recolle a reforma de pensións que actualmente se tramita no Congreso, polo que o PGE non recollen a cifra en que subirán en 2022.

Montero, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros extraordinario que aprobou o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2022, explicou que a partida de pensións contará o próximo ano cun montante de 171.165 millóns de euros, un 4,8% máis en termos agregados respecto de 2020.

A ministra sinalou que a revalorización das pensións se desliga a partir de agora dos Orzamentos para que evolucionen segundo o custo de vida, segundo a reforma das pensións acordada entre o Goberno e os axentes sociais, que segue as recomendacións do Pacto de Toledo. Montero sinalou que se transferirán 4.400 millóns de euros adicionais polos gastos impropios que asume a Seguridade Social e anunciou ademais que o Indicador Público de Rendas con Efectos Múltiples (Iprem), empregado como referencia para bolsas e outras axudas, subirá en 2022 un 2,5%.

Un ancián camiña por unha vía de Vilalba o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello
Un ancián camiña por unha vía de Vilalba o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta