O Goberno contraataca e pídelle á Xunta que probe o compromiso coas Pontes "con feitos"

A subdelegada do Goberno na Coruña recorda que Galicia é a segunda comunidade que máis dotación recibe dos Fondos de Transición Xusta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, asegurou este xoves que o Executivo "manifesta con feitos" o seu compromiso "inequívoco" co futuro industrial da comarca das Pontes,afectada o peche da central térmica de Endesa. Neste sentido, Rivas lembrou que esta mesma semana o Goberno acordou a concesión de 111 millóns do Fondo de Transición Xusta para Galicia, que se destinarán ás dúas comarcas afectadas por estes procesos, unha delas As Pontes.

"Galicia é a segunda Comunidade que máis contía recibe para este concepto", destacou. Nun comunicado, a Subdelegación explicou que este fondo é un novo instrumento financeiro no ámbito da política de cohesión "cuxo obxectivo é prestar apoio aos territorios que se enfrontan a retos socioeconómicos importantes derivados do proceso de transición á neutralidade climática".

A subdelegada reclamou á Xunta "a mesma implicación, con feitos e non con declaracións". Así, trasladou ao Goberno autonómico a necesidade de que asine o protocolo xeral de actuación para a execución dos procesos de transición xusta, que permiten materializar os obxectivos e proxectos definidos nese protocolo marco. "A Xunta é a única que non asinou o protocolo xeral co Goberno, do mesmo xeito que xa fixeron o resto de comunidades afectadas por estes procesos, de todo signo político", indicou.

María Rivas, nova subdelegada Goberno na Coruña
María Rivas, nova subdelegada Goberno na Coruña | Fonte: Delegación do Goberno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta