A Xunta aproba os mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia

A normativa europea establece unha constante revisión e actualización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se aproban definitivamente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixos viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Segundo informa o departamento nun comunicado, a Xunta de Galicia someteu a información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixos viarios da rede nas provincias da Coruña, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.

Tras ese procedemento, o Executivo autonómico incorpora á documentación as achegas correspondentes, así como determinadas correccións en denominacións dalgunhas estradas. E é que a normativa europea establece unha constante revisión e actualización, tanto da información como das medidas previstas en canto ao ruído na rede viaria.

Así, nos últimos meses, o Goberno galego estivo traballando, indican, na terceira fase de actualización dos mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixos viarios da rede autonómica de estradas de Galicia, que son aqueles por os que circula un tráfico superior a 3.000.000 vehículos/ano.

"O obxectivo foi identificar as afeccións en materia de ruído. Con esta información elaborarase un Plan de Acción contra o Ruído con medidas encamiñadas ao acougado do tráfico a través de solucións como a limitación da velocidade, a instalación de sinalización ou semáforos, e a reordenación da sección da estrada", explicaron.

Tamén están previstas outras accións como a renovación do pavimento ou a instalación de barreiras acústicas en puntos determinados.

Retencións importantes en Ferrol por unha protesta dos traballadores de Navantia
Retencións importantes en Ferrol por unha protesta dos traballadores de Navantia | Fonte: Cope

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta