Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:44
O vindeiro mércores 13 de outubro comeza o I Congreso Internacional 'A viaxe a través dá palabra', organizado polo grupo de investigación en Lingua, Literatura e Cultura Hispánica, Hispania, e por profesores do Grao en Turismo da UDC. As xornadas contan tamén coa colaboración do Consorcio de Turismo da Coruña e a Deputación da Coruña e celebraranse, ata o día 16, no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
O reitor da universidade, Julio Abalde, e os codirectores do congreso Nieves Pena Sueiro, profesora de Literatura Española na Facultade de Filoloxía da UDC, e Carlos Rodríguez Carro, profesor deTurismo da UDC, presentaron este xoves as actividades. Segundo informa o centro nun comunicado, xa hai preto de 150 inscricións entre estudantes, profesores e, "sobre todo", profesionais do sector turístico.
Así as cousas, os profesores explicaron que o ser A Coruña "unha cidade portuaria, de partida e destino de viaxeiros, así como berce de escritores" xustifica a organización dunhas xornadas que pretender ser "un foro de confluencia entre persoas relacionadas co ámbito da literatura, a creación, a investigación, o turismo, as institucións, industrias culturais, e outros; un espazo interdisciplinar que reúne a especialistas de diferentes sectores".
No congreso participan 14 relatores, tanto do sistema universitario estatal como internacional, procedentes de Kiel, Florencia, Milan ou Durham, así como recoñecidos escritores como Cristina Morató ou xornalistas especializados en viaxes como Cristóbal Ramírez ou Antón Pombo. No comunicado destácase que unha sesión do congreso dedicarase ao Camiño de Santiago por pertencer a cidade herculina ao itinerario do Camiño Inglés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.