A CIG declara que o 70% do persoal en quenda de Dinahosting secunda a folga parcial

Coincidindo co paro, un grupo de traballadores aproveitou para levar a cabo unha concentración diante das instalacións de Salvadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

O 70% do persoal en quenda de Dinahosting, compañía do sector das tecnoloxías da información e da comunicación con sede en Santiago, secundou, segundo a CIG, a folga parcial convocada contra "a precarización laboral" e para reclamar á dirección que "reactive" o convenio de empresa que "deixou caer" para aplicar o estatal de consultorías.

Coincidindo co paro, un grupo de traballadores aproveitou para levar a cabo unha concentración diante das instalacións de Salvadas. O comité de empresa, presidido pola CIG, mostrou a súa satisfacción polo "amplo seguimento" que tivo o paro en defensa das condicións laborais, que se desenvolveu de 10,00 a 14,00 horas.

Foi dentro desta franxa horaria, de 12,00 a 13,00 horas, representantes sindicais e empregados aproveitaron para concentrarse ás portas do centro de traballo de Salvadas, onde despregaron unha pancarta na que se podía ler 'O convenio non se toca' ou 'Na rúa son o Ché, na empresa Pinochet', ademais de proclamar consignas contra a precarización.

Traballadores de Dinahosting participan nunha protesta.. CIG
Traballadores de Dinahosting participan nunha protesta.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Dinaesquirola

Sobre o seguemento da folga, a imaxe fala por sí soa. Só na empresa xa somos arredor de 120 persoas. Falar de precarización laboral, además de faltar á verdade, semella case un insulto ás persoas que si a sofren. Por favor, dende o comité, recapacitade. Analizade erros, facede autocrítica, aprendede e traballade por recuperar o diálogo e a negociación construtiva. E estade ao que tedes que estar. E a ver se entendemos dunha vez que dinahosting somos todxs, e que non se entende falar de dinaworkers nin de dinahosting sen pararse a escoitar a cada unha das persoas que a compoñen. Oxalá que este despropósito sirva polo menos para algo.

4 Dinaworker dos d sempre

Carlos, Paulo e Alberto son boa xente e estan cumplindo o que prometeron. Además Paulo é un gran estratega e a ciga non vai poder con el. Mellor para todos

3 Esquirola

Pareceme a min que dese 70% nin a mitade da mitade, pero bueno, estas cousas xa se sabe. A ver se coa oferta da empresa o comité recapacita, todo volve ao rego e acaba esta tolería. Nin que fosemos todos á calle. Sempre tivemos boas condicións e non creo que Dinahosting vaia cambiar agora. Os que levamos moitos anos temos claro que a direccion non nos vai deixar tirados porque sempre se portaron moi ben.

2 Alexandre Gz Espinosa

Companheiras acho que se contaron as que forom trabalhar. e nom as que secundarom a greve. Unha cagada máis havedes perdonar.

1 Cansado

No fue tanta gente a la huelga ni de coña. Poneros las pilas y buscar una solución.