Outro milleiro de persoas completa a vacinación contra a Covid en Galicia

Case o 85% da poboación total galega está inmunizada contra o virus.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Galicia avanza no proceso de vacinación contra a Covid-19 e outro milleiro de persoas completou a pauta, polo que aumentan a 2.278.970 os cidadáns co proceso terminado. Así, das 1.663 doses administradas este xoves, a maioría foron para completar pautas, polo que ascenden a un 84,4 por cento a poboación de Galicia con pauta completa e ao 92,84% a poboación diana --maiores de 12 anos--.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse 4.399.863 doses da vacina contra a Covid-19 en Galicia ata a data, 1.663 máis que as rexistradas ata o día pasado.

Das 1.663 doses administradas este xoves, máis da metade destináronse a completar pautas, con 1.010 persoas máis co proceso finalizado, polo que aumentan a 2.278.970 as persoas inmunizadas na Comunidade galega.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.395 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.604 dependentes non institucionalizados; e 26.971 persoas institucionalizadas. Ademais, 2.072.580 vacináronse por idade (+753).

Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.708 profesionais do ámbito sanitario e 27.183 do sociosanitario, ademais de 44.079 traballadores de actividades consideradas esenciais.

Por tanto, en Galicia o proceso de vacinación segue nos puntos situados nos hospitais do Sergas despois de que a semana pasada pechasen os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.   / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta