O Parlamento de Galicia convoca nove bolsas de formación en prácticas para mozos

As solicitudes poderán presentarse nun prazo de 20 días tras a súa publicación no DOG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia convoca oito bolsas de formación en prácticas para titulados universitarios en áreas de publicacións, recursos humanos e contratación e xestión parlamentaria, así como outra para persoas con discapacidade intelectual en tarefas de asistencia xeral e administrativa.

A duración das bolsas ascenderá a 12 meses e as solicitudes poderán presentarse nun prazo de 20 días tras a publicación do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo trasladou a Cámara galega. Ademais, a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web do Parlamento.

En concreto, convócanse dúas bolsas para as áreas de arquivo, biblioteca e documentación, outras dúas para comunicación institucional e dúas para o servizo de publicacións. Para a área de recursos humanos e contratación se reserva unha praza e outra se destina a xestión parlamentaria.

Adicionalmente, as persoas cunha discapacidade intelectual igual ou superior ao 33% que conten cunha titulación universitaria ou de formación profesional poderán optar a unha bolsa de formación en tarefas de asistencia xeral e administrativas.

Parlamento de Galicia / Parlamento. / Europa Press
Parlamento de Galicia / Parlamento. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta