O BNG chama á Xunta a que deixe de "porse de perfil" para "parar o ERE" en Vestas

"Non hai ningunha razón" para un ERE extintivo como este, pois "non é unha empresa que estea a dar perdas", advirte Néstor Rego.

Por E.P. | Viveiro | 08/10/2021 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O BNG chama á Xunta a que deixe de "porse de perfil" para "para o ERE" en Vestas, que afecta aos 115 empregados da fábrica de Viveiro.

O BNG reúnese co comité de Vestas
O BNG reúnese co comité de Vestas | Fonte: BNG.

Este venres, o deputado no Congreso, Néstor Rego, e o deputado no Parlamento galego Daniel Castro reuníronse co comité de empresa de Vestas, nunha xornada na que os traballadores protagonizaron unha nova protesta ante a factoría de Chavín, tal e como realizan diariamente.

Así, Rego avisa de que "non hai ningunha razón" para un ERE extintivo como este, pois "non é unha empresa que estea a dar perdas", mentres se vive un "boom eólico".

Por iso, reclama ás administracións que traballen "de forma decidida" para que se manteña activa a fábrica co emprego ao 100%. Tamén empraza ao Goberno central a que "interveña" para frear a pretensión da multinacional danesa de pechar a actividade, así como que derrogue a reforma laboral, dado que cre necesario recuperar a autorización previa da administración para os ERE.

Pola súa banda, Daniel Castro incide en que o Goberno galego non pode "porse de perfil" ante unha situación "extrema". De tal forma, remarca que o Bloque iniciou unha "ofensiva" institucional no Congreso e a Cámara autonómica para que se dea marcha atrás ao ERE e haxa unha plan de emprego de industrialización na Mariña.

Igualmente, o BNG require que se garanta que os proxectos eólicos que se autoricen conten cunha "alta porcentaxe" de construción, compoñentes e emprego radicado en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sentidiño

E o PP de Feixóo está nas mans de machistas neonazis homófobos antifeministas supremacistas brancos ultracatólicos inimigos da nosa cultura e que queren que a xunta de galicia e o parlamento galego desaparezan...

3 TiMais

Boeno, sempre é mellor que estar nas mans de Bocs-Estado Hispánico-Yihadismo Mesetario-Terraplanistas-PabloCasados. seguro que vos vai xenial así, Celidonio.

2 Loisc

Ata nos medios da caverna se dan eco... https://www.google.es/amp/www.liber...

1 Xanc

Debe andar moi ben nas enquisas o BNG cando este señor lle dá tanta importancia. Xa non lembra cando o ideólogo en Madrid do PP - Maroto- pactaba con Bildu e enorgullecíase de elo? PP Galicia é unha fábrica de fake news