A Fundación Amigó promove programas de prevención en centros escolares para o "control da violencia"

Inés Rey encomiou o labor da entidade para axudar ás familias nos casos de violencia-filoparental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Fundación Amigó promove programas de prevención en centros escolares para o "control da violencia", segundo explicou o representante da entidade, José Antonio Morala, coincidindo coa visita que a rexedora da Coruña, Inés Rey, realizou xunto á concelleira de Benestar Social, Yoya Neira.

Nela, a alcaldesa encomiou o labor que realiza a entidade para axudar ás familias nos casos de violencia-filoparental, á que cualificou como "unha realidade silenciosa" e á que esta entidade axuda a dar solución.

Rey destacou tamén a colaboración do goberno municipal con 88 entidades, ás que axudan cun convenio de máis de tres millóns de euros. O obxectivo para a rexedora municipal é "mellorar a convivencia" e "axudar a persoas en dificultades".

Pola súa banda, Morala explicou que a Fundación Amigó realiza un labor de "prevención" en centros escolares para "o control da violencia". A entidade asesora ás familias e traballa cos menores cun equipo de psicólogos e educadores sociais que axudan a controlar e mellorar as actitudes de "violencia e rebeldía" que mostran os mozos.

Colexio Labor de Vigo
Colexio Labor de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta