A Deputación de Pontevedra concede 470.000 en subvencións a máis dun centenar de entidades sen ánimo de lucro

Por E.P. | PONTEVEDRA | 09/10/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou en xunta de goberno a concesión de subvencións por un total de 470.000 euros a 103 entidades sen ánimo de lucro, situadas nunha vintena de municipios da provincia, para que poidan actuar en políticas sociais. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que estas contías están destinadas a "promover a igualdade de oportunidades e garantir os dereitos das persoas máis vulnerables".

Estas subvencións, engadiu, permitirán custear "programas a través dos cales se fomenta a posibilidade de que as persoas con máis dificultades poidan ter axuda para a estimulación cognitiva".

Tamén financiará programas de musicoterapia, autonomía persoal, emprego no rural, atención especializada para persoas que padecen enfermidades ou aqueles destinados ao "éxito educativo" de adolescentes migrantes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na xunta de goberno.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na xunta de goberno.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta