A Xunta emitiu máis de dous millóns de certificados covid desde o seu lanzamento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.024.327 certificados covid, dos que 1.949.427 foron documentos acreditativos de vacinación, 46.174 de resultado de proba diagnóstica e outros 28.726 certificados superar a enfermidade.

A Consellería de Sanidade informou ademais de que, ata agora, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 45.501 persoas, que permitiron localizar a 504 pacientes con resultado positivo.

A Xunta de Galicia tamén estivo realizando, en colaboración coas áreas sanitarias, test de antíxenos gratuítos nos puntos habilitados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez clausurados estes puntos, o balance final indica que se realizaron test a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO
Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta