Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 20:07
A morte dunha muller de 88 anos que fora diagnosticada coa covid-19 e era usuaria da residencia Sanitas da Coruña eleva as vítimas da pandemia a 2.641.
Segundo informou a Consellería de Sanidade este sábado, a morte tivo lugar na xornada do venres e a muller presentaba patoloxías previas.
O anterior falecemento comunicado polas autoridades sanitarias galegas tivo lugar o pasado mércores, cando perdeu a vida un home de 76 anos con covid no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.