Un 93% dos galegos estaría a favor de vetar a caza aos menores, segundo unha enquisa de Libera!

"O feito de que un menor de 18 anos participe nunha cazaría con armas de fogo supón outorgarlle a capacidade de disparar sen ser plenamente responsable dos seus actos", explica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2021 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera! publicou unha enquisa propia que sinala que o 93% dos entrevistados estaría a favor de vetar a caza a menores, mentres que tan só un 1% permitiríaa. O 6% restante non se pronunciou ou afirmou descoñecer o tema.

Segundo informa a asociación nun comunicado, a sondaxe consultou por teléfono e a través de redes sociais a un total de 300 persoas acerca de se prohibirían a participación de menores de idade nas cazarías e no marco da Lei de Caza de Galicia, que desde 2013 permite que menores de 16 anos poidan portar armas e que nenas e nenos de calquera idade acompañen aos adultos á hora de realizar batidas.

"Con esta maioría esmagadora, vólvese a evidenciar que a cidadanía galega non quere que se expoña á infancia e á adolescencia a prácticas de risco, xa que non se trata da posibilidade de sufrir un accidente con lesións, senón que poden mesmo ser alcanzados por un disparo mortal ou a arremetida dun animal ferido", explicou a asociación.

LIBERA! destacou que no período 207-2020 rexistráronse 63 mortes e 483 persoas feridas, 215 delas con prognóstico grave, e que Galicia "chegou a documentar menores falecidos".

"O feito de que un menor de 18 anos participe nunha cazaría con armas de fogo supón outorgarlle a capacidade de disparar sen ser plenamente responsable dos seus actos", explicaron. Así, os defensores dos animais explican que a súa exposición a actos lesivos, como unha neglixencia que cause feridas ou a morte, é limitada de acordo ao Código Penal e "a iso súmase que nin siquieragozan de dereitos como obter un carné de conducir ou o sufraxio activo".

"A continuidade de normas autonómicas que posibilitan estas condutas supón unha anomalía democrática que choca mesmo coas recomendacións que o Comité dos Dereitos do Neno vén realizando co obxectivo último de previr a violencia social", incidiron, ao que engadiron que durante a caza "existe un reforzo emocional e social de que o feito de disparar a un animal é positivo, o que contribúe a unha insensibilización dos menores".

Imaxe dun cazador
Imaxe dun cazador | Fonte: LIBERA e FFW - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta