Eliminado unha vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial en Portas

Augas de Galicia constatatou que a auga tratada recibía unha depuración deficiente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou unha vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no municipio pontevedrés de Portas.

Segundo informa a Xunta, o foco foi localizado no marco das, que identificaron a orixe nas augas industriais dunha empresa que inspeccións rutineiras levadas a cabo por técnicos do plan de control de verteduras se vertían cara a unha fosa séptica da que se descoñecían as súas características.

As mostras tomadas polo persoal de Augas de Galicia constataron que a auga tratada recibía unha depuración deficiente e ía parar cara ao medio receptor sen autorización por parte da Administración autonómica.

Así, os técnicos requiriron aos responsables das instalacións que adoptasen medidas correctoras co obxectivo de emendar ese foco emisor. Finalmente, canalizaron as augas cara á rede de saneamento municipal e corrixiron esta deficiencia, tal e como verificou o persoal da Xunta nunha nova inspección.

Verteduras de augas residuais ao río Tea
Verteduras de augas residuais ao río Tea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta