Os acompañantes dos viaxeiros xa poden acceder ás terminais dos aeroportos

Queda levantada esta restrición imposta en xullo de 2020 para facer fronte á pandemia.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 11/10/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que o Goberno autorizou a supresión dos límites no acceso aos aeroportos españois, polo que a partir de agora os viaxeiros poderán acudir ás instalacións acompañados de familiares ou de amigos se así o desexan. A decisión adoptada este luns polo Consello de Ministros será publicada este próximo xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE) e entrará en vigor ao día seguinte, venres 15 de outubro.

Efectivos da UME desinfectan Alvedro
Efectivos da UME desinfectan Alvedro | Fonte: UME.

Esta nova norma modifica o Real Decreto-lei 26/2020, de 7 de xullo, que só permitía o acceso ao aeroporto aos pasaxeiros provistos dun billete ou cartón de embarque válidos, nas 6 horas anteriores á saída prevista do voo, así como aos acompañantes estritamente necesarios de menores, persoas con mobilidade reducida ou outra causa debidamente xustificada.

A portavoz do Goberno, que asegurou que esta medida é importante "desde o punto do ánimo" e de recuperación da normalidade e de "os afectos e relacións persoais e familiares", realizou este anuncio na rolda de prensa posterior ao consello de ministros celebrado este luns.

Desta forma, o Goberno acordou adecuar a normativa vixente á evolución da pandemia, co obxectivo de contribuír á recuperación da actividade económica e a paulatina volta á normalidade, en particular de cara á reactivación do turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta