Aumentan a 11 os usuarios con covid-19 nunha residencia de Cambre

Trátase da residencia de maiores Bribes.

Por Europa Press / Redacción | Cambre | 11/10/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A residencia de maiores Bribes no concello coruñés de Cambre, conta con 11 usuarios positivos por Covid-19, segundo confirmou este luns a Consellería de Política Social.

Entrada á residencia de maiores Bribes, en Cambre
Entrada á residencia de maiores Bribes, en Cambre | Fonte: Google Maps.

Por parte de Política Social, que o mércores pasado informou de catro casos, destacouse que este centro coruñés "cumpre os protocolos e a situación sanitaria non reviste gravidade nestes momentos".

Respecto ao persoal, tras unha denuncia de UGT de falta de traballadores, esta consellería incidiu en que "a residencia, de titularidade persoal, cumpre co cociente esixido por lei, tal como comprobou Política Social".

Con todo, insistiu en que "as relacións entre empresa e traballadores son competencia da Inspección de Traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta