Falece un home tras caer dunha altura de dous metros na súa vivenda en Curtis

Atopábase traballando na súa casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Un home faleceu este luns despois de caer desde unha altura de dous metros cando se atopaba traballando na súa casa no lugar de Teixeiro, en Curtis.

Os feitos ocorreron preto das 16,15 horas. O 061 desprazou un helicóptero medicalizado ata o lugar, aínda que tan só puido confirmar o falecemento da vítima.

O 112 solicitou ademais a intervención de efectivos do GES de Curtis e da Garda Civil.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta