Un congreso sobre os entroidos galegos

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) organiza as II xornadas sobre o Entroido en Galicia co obxectivo de coñecer a orixe e influencia desta en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/02/2014 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O coñecemento das diversas manifestacións do Entroido en distintos lugares de Galicia e a divulgación desta riqueza cultural para que se valore adecuadamente e se garanta a súa pervivencia son os obxectivos das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Xeneral no Entroido da Ulla
Xeneral no Entroido da Ulla

Por iso, antroplógos, historiadores e expertos das catro provincias xuntarnase en Pontevedra para trazar un panorama global sobre estas celebracións ancestrais.  Estas xornadas compleméntanse, ademais, coa mostra “O Entroido en Galiza” -que se poderá visitar de 17:00 a 21:30 horas- e que contará novamente con fotografías, vestimentas e complementos das distintas modalidades do Entroido galego, ademais de materiais inéditos que farán desta exposición un dos principais atractivos das xornadas. 

Na primeira sesión participarán Xosé Anxo Rosales e Rafael Quintía, membros da SAGA, que exporán o “Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón”. Rosales vén realizando nos últimos anos un traballo de investigación sobre esta modalidade festiva, na que os protagonistas eran un boneco de palla, dous campesiños e un grupo de máscaras. Nos anos 80 houbo un intento por volver impulsar esta tradición, que se perdeu na década dos 70. 

O entroido, en son

Tamén se dará lectura a outra ponencia do investigador Olimpio Arca; “Os Xenerais do Ulla” e Pablo Carpintero, profesor de Bioquímica da USC e titulado en Historia da Arte, falará sobre “O son do Antroido tradicional galego”. O avogado Félix Castro e o antropólogo Miguel Losada, da SAGA, farán unha “Semblanza de Francisco Añel”. A primera parte das sesións rematará coa presentación das actas das Xornadas do pasado ano e cun coloquio.

Os relatorios do venres 21 comezarán cunha ponencia do escritor e investigador mindoniense Antonio Reigosa, sobre “O Entroido enmascarado: a vida vence á morte” e o historiador e investigador José Raimundo Núñez-Varela abordará “O Antroido das Mariñas dos Condes”. Finalizará Carme Pernas, licenciada en Historia, cunha charla sobre “Entroidos singulares da provincia de Lugo”.

Estas xornadas realizanse en colaboración co Concello de Pontevedra e terán klugar na Casa das Campás o xoves 20 e o venres 21, con diversas charlas a partir das 18:00 horas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xarme

Sería ben que mudarades o pé da foto. É dun correo, non dun xeneral.

1 Xarme

Sería ben que mudarades o pé da foto. É dun correo, non dun xeneral.