A planeadora que envorcou na Illa de Ons non tiña autorización para navegar por esas augas

O único mariñeiro autorizado a estar no barco négase a colaborar coa investigación. No sinistro faleceu unha persoa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Ningún dos tres tripulantes da planeadora 'Rosa', que envorcou nas inmediacións da illa de Ons o 11 de febreiro de 2020 --nun sinistro que se saldou cun falecido--, levaba chaleco salvavidas posto. Ademais, a embarcación non tiña autorización para poder navegar máis aló dunha milla da ría de Arousa, mentres que dúas dos mariñeiros nin sequera estaban enrolados nesta lancha.

Así figura no informe que publicou a Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), que deixa constancia de que o patrón e armador do barco, única persoa que figuraba enrolada no 'Rosa', rexeitou facer declaracións a este organismo.

Segundo destaca a investigación, a planadora "non estaba autorizada a traballar como auxiliar de acuicultura", polo que non se puido "constatar a actividade concreta que estaba a desenvolver a embarcación o día do accidente", "nin por que se atopaba fóra da súa zona autorizada de navegación".

Así, a embarcación envorcou debido ás malas condicións meteorolóxicas existentes. Respecto diso, faise mención a que había "información obxectiva que debería axudar ao patrón a tomar a decisión de non saír a navegar", dado aque había alerta de mar de fondo con ondada de ata 6 metros, o que "superaba, con moito, os límites de deseño da embarcación".

Nas conclusións tamén se chama a atención sobre as características "inadecuadas para navegar en mar aberto" desa planadora, posto que é de pequeno porte, non conta con balsa salvavidas e sen radiobaliza satelitaria. A isto únese que, a pesar das malas condicións do mar, ningún dos tripulantes levaba chaleco.

Dous dos tripulantes conseguiron alcanzar a costa a nado despois dunha hora. Tres días despois do naufraxio, o 14 de outubro, o mariñeiro falecido --irmán do patrón-- foi localizado por mergulladores nun operativo de procura. A embarcación foi recuperada e remolcada a porto.

Imaxes da planadora 'Rosa' tras ser remolcada a porto. CIAIM
Imaxes da planadora 'Rosa' tras ser remolcada a porto. CIAIM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta