Éxito total da 'Festa da Cervexa' de Verín

Balance moi positivo deste evento por parte da organización e dos establecementos participantes, cunha asistencia que alcanzou os 4.500 asistentes. O evento celebrouse os días 8 e 9 de outubro.

Por X.M. Fernández | Verín | 14/10/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

"A Festa da Cervexa, organizada polo Concello de Verín, vén para quedar". Esta é a conclusión que queda despois da celebración deste evento gastronómico e de lecer que tivo lugar no comezo da ponte do Pilar.

Vista de Dron da carpa onde se organizou a 'Festa da Cervexa' (2021). Foto: Prensa Concello de Verín
Vista de Dron da carpa onde se organizou a 'Festa da Cervexa' (2021). Foto: Prensa Concello de Verín

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, facía balance estes días afirmando que se abriron un total de 125 barrís de cervexa para servir aos máis de 4.500 asistentes que visitaron o recinto os días 8 e 9 de outubro.

"Calculamos que durante estes dous días pasaron pola carpa unhas 4.500 persoas. Facemos esta estimación en base á ocupación da carpa así como polas entradas vendidas para os concertos. É necesario destacar o cheo absoluto que experimentou o recinto nas horas de máxima afluencia, sendo necesario limitar temporalmente o acceso para garantir o cumprimento do aforo permitido", detallou Gerardo Seoane.

Pola súa banda, as empresas responsables de instalar os postos gastronómicos na festa fixeron tamén unha valoración positiva segundo se reflicte nunha enquisa realizada. En palabras do rexedor verinés: "todos os participantes confirman un rotundo éxito de vendas. Como datos representativos podemos confirmar que, nos dous días de celebración, vendéronse máis de 1.000 salchichas, 400 quilos de polbo e 50 quilos de carne ao caldeiro".

Ademais das degustacións gastronómicas e cervexeiras, a festa incluíu na súa programación dous concertos de primeiro nivel que completaron o aforo permitido: O venres 8 de outubro, Ortiga, e o sábado 9, MITIC - O Espectáculo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta