Rescatada unha muller dun vehículo envorcado en Barro

A muller quedou atrapada polo cinto de seguridade.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Unha muller necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para poder saír do vehículo no que circulaba e co cal sufriu unha saída de vía este xoves no concello pontevedrés de Barro.

Segundo informou o 112 Galicia, pouco minutos antes das 10,30 horas deste xoves unha persoa chamou ao servizo de emerxencias para informar de que un turismo tivera un accidente na estrada EP-0506, á altura de Curro, e que quedara envorcado na cuneta.

Ademais, indicouse que no interior do turismo había unha muller que non podía saír ao verse atrapada polo cinto de seguridade. Por iso, o CIAE-112 Galicia notificoulle o sucedido aos Bombeiros de Ribadumia e de Pontevedra, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Ao final das tarefas no lugar, a dotación de Bombeiros de Ribadumia confirmou que a condutora do coche necesitou ser excarcerada para ser atendida no punto polo persoal sanitario. En concreto, persoal do 061 atendeu no lugar á muller que pediu a alta voluntaria e non requiriu traslado, confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.

Rescatada a condutora dun turismo tras envorcar
Rescatada a condutora dun turismo tras envorcar | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta