Os xornalistas deixarán de ser "pintores e escultores" a ollos da Axencia Tributaria

O Goberno avanza un epígrafe específico para a profesión, que ata o momento estaba inscrita no eido artístico. O Colexio de xornalistas de Galicia celebra a medida, que facilitará o acceso a axudas a concursos públicos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os xornalistas contarán cun epígrafe propio no Índice de Actividades Económicas. Así o vén de anunciar o Goberno central para celebración do Colexio de Xornalistas de Galicia, que viña reclamando esta mediad "desde hai tempo" xunto con outras asociacións de profesionais para  "subsanar prexuízos sufridos polos xornalistas á hora de accederen a axudas, concursos ou licitacións públicas".

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

A medida, anunciada no cadro do novo proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado, serviría así para corrixir un prexuízo "histórico" para a profesión, que até o de agora tiña que identificarse na declaración deste imposto cun código CNAE correspondente a pintores, escultores, ceramistas e outras actividades artísticas, segundo apuntan dende o CPXG.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, á que pertenece o CPXG xunto ao resto de colexios de xornalistas do Estado, xa reclamara ao Goberno central en novembro do ano pasado a revisión e modificación do IAE e CNAE para dar unha cobertura "axeitada" á actividade dos informadores e das informadoras. Finalmente, e tras as protestas da profesión, os orzamentos de 2022 incorporarán un epígrafe específico para profesionais da comunicación. "A existencia deste epígrafe vai enmendar prexuízos ocasionados á hora de acceder a axudas, concursos ou licitacións públicas como xornalistas, ademais de encadrar o exercicio do xornalismo, como fan os estudos universitarios, no ámbito xurídico e social e non no humanístico ou artístico", destacan dende o Colexio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Non estou de acordo. Os profesionais si, que son traballadores. Pero os artistas da adulación do poder e a burla a costa dos servos, os mestres da retórica de tertulia, deberan permanecer no epígrafe anterior, comao bufóns que son.

1 cesc

Cando será efectivo ese epígrafe?