Fearmaga recorrerá o fallo que anulou a prórroga da concesión de Ence en Lourizán

A Audiencia Nacional vén de admitir a súa personación para interpoñer recurso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional admitiu a personación da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga) como parte lexitimada para interpoñer recurso de casación contra a sentenza que anulou a concesión de prórroga da actividade da biofábrica de Ence en Lourizán.

Arquivo - Alén da manifestación contra Ence, os traballadores da empresa concentráronse detrás dunha pancarta na que se le: `Aquí resiste a clase obreira´. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Alén da manifestación contra Ence, os traballadores da empresa concentráronse detrás dunha pancarta na que se le: `Aquí resiste a clase obreira´. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o trasladou Fearmaga nun comunicado, no que informa que presentará recurso de casación ante o Tribunal Supremo para defender a continuidade de Ence na súa actual localización, ao tratarse dunha "empresa tractora para a industria forestal" e "comprometida co desenvolvemento do medio rural en Galicia".

A Federación sinala explica que Ence é unha empresa tractora para toda a industria forestal galega que, en conxunto, supón unha facturación de 2.000 millóns de euros, exporta por valor de 700 millóns de euros e supón o 12% do emprego industrial de Galicia.

Así mesmo, considera que o sector "necesita manter todas as instalacións industriais activas" como garantía de que as pequenas e medianas empresas "poidan achegar un valor económico para os propietarios forestais". "Deste xeito, contribúe a fixar poboación no medio rural e loitar contra o abandono", resolven.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta