Comezan os trámites para o decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou as iniciativas do Sergas no campo da cardiología, durante a inauguración na Coruña do VIII Reunión 'Estado da arte en insuficiencia cardíaca avanzada: práctica clínica e modelos organizativos'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou este xoves do inicio da tramitación do anteproxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade, que se abre agora ás achegas dos interesados.

Na liña co que xa avanzara no Debate sobre o Estado da Autonomía, Feijóo remarcou, tras o Consello da Xunta, que este decreto ten un triplo obxectivo: regularizar e harmonizar o labor docente dos especialistas e médicos residentes, optimizar a calidade no proceso de formación especializada e incrementar o número de facultativos na sanidade pública.

Deste xeito --remarcou-- tramitarase primeiro o texto normativo en Galicia que, facendo uso das súas competencias, definirá as estruturas sanitarias docentes, regulará os órganos docentes colexiados e unipersonais e fixará o proceso para autorizar as rotacións externas e as estancias formativas de estranxeiros.

O texto tamén incluirá criterios de supervisión dos especialistas en formación e asunción progresiva de responsabilidades, impulsará a formación en competencias transversais, regulará os plans de xestión de calidade docente e o funcionamento da Rede de comisión da docencia de Galicia.

Ademais, o presidente destacou a posta en valor da figura dos titores e dos xefes de estudo, recoñecendo a través de baremos as súas achegas, axudándolles na súa carreira profesional ou en concursos de traslado e ampliando as facilidades para exercer a docencia, con redución de horas asistenciais.

MÁIS DE 60 MILLÓNS

Nese sentido, Feijóo defendeu que o decreto se suma ao compromiso do Goberno galego coa formación dos especialistas, plasmado nos máis de 61 millóns que se destinarán en 2022 a este ámbito, ou a través doutras medidas como a convocatoria en 2021 do maior número de prazas feita ata agora en Galicia. Trátase dun total de 543 prazas, 52 máis que na anterior.

Finalmente, o presidente da Xunta reiterou que se convocaron o cento por cento das prazas acreditadas en Galicia. "Non podemos formar máis porque para formar necesítase ter acreditada unha praza de formación", explicou, á vez que recalcou a necesidade de que o Goberno central incremente o número de prazas MIR autorizadas Galicia para facer fronte ás necesidades de persoal.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento | Fonte: Xunta de Galicia.

INICIATIVAS DO SERGAS

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou as iniciativas do Sergas no campo da cardiología, durante a inauguración na Coruña do VIII Reunión 'Estado da arte en insuficiencia cardíaca avanzada: práctica clínica e modelos organizativos'.

Nun acto xunto ao xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro, o conselleiro resaltou, como unha das fortalezas do sistema sanitario galego, o seu modelo interdisciplinar de atención á insuficiencia cardíaca, que posibilita o teleseguimento.

Na súa intervención, aludiu á plataforma tecnolóxica de seguimento de pacientes TELEA, que foi elixida pola Comisión Europea como boa práctica e que fai seguimento a máis de 1.000 pacientes con doenzas cardíacas.

Ademais, aludiu referiuse ao programa de atención ao infarto ou ao rexistro galego de infarto agudo de miocardio, co que se pode determinar as características epidemiolóxicas, clínicas e terapéuticas da poboación afectada.

Por outra banda, xunto ao traballo dos profesionais, remarcou que Galicia ten implantada a interconsulta electrónica na área de cardiología, que posibilita a conexión entre profesionais de primaria e hospitalaria. O pasado ano, realizáronse case 21.000 consultas deste tipo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta