O alcalde de Vilaboa denuncia que a metade das prazas de médico están vacantes no centro de saúde

Unha situación que, segundo denuncia o alcalde nun comunicado, provoca "queixas e certa incerteza" entre os veciños que "tras meses de consultas telefónicas, demandan un encontro persoal co profesional sanitario que lle corresponde".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilaboa, César Poza, denunciou que dous do catro prazas de facultativos no centro de saúde da localidade están vacantes tras a xubilación dos seus titulares.

O rexedor remitiu unha carta á Consellería de Sanidade para reclamar a cobertura destas prazas nos servizos de atención primaria do municipio.

Unha situación que, segundo denuncia o alcalde nun comunicado, provoca "queixas e certa incerteza" entre os veciños que "tras meses de consultas telefónicas, demandan un encontro persoal co profesional sanitario que lle corresponde".

Así, o goberno municipal reclama "información" sobre a "situación real" do centro, coñecer "cales son as prazas" que están cubertas e saber as "previsións" da Administración autonómica para a cobertura de vancantes.

Casa Consistorial de Vilaboa
Casa Consistorial de Vilaboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta