Unha 'segunda vida' para os obxectos que van ao Punto Limpo de Allariz

O concello pon en marcha un servizo para a cidadanía a través do que se coñece como "Punto de Recollida e Recuperación".

Por X.M. Fernández | Allariz | 17/10/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Na liña xa coñecida deste concello ourensán, no que respecta a temas relativos á reciclaxe e ao coidado do medio ambiente, están a impulsar agora o que veñen de bautizar como 'Punto de Recollida e Recuperación' (ReR). O proxecto xorde co obxectivo de darlle unha segunda vida aos elementos que os veciños e as veciñas de Allariz achegan ao Punto Limpo, situado no Polígono de Chorente.

Imaxe do proxecto
Imaxe do proxecto

Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, resalta a importancia que para Allariz ten a reciclaxe, a reutilización e a recuperación. Neste senso cómpre destacar programas implantados nos últimos anos como son: o Servizo RE, a compostaxe individual e comunitaria, a recollida porta a porta de cartón e vidro á hostalería e ó comercio; e tamén os bos rexistros de separación e reciclaxe do lixo en Allariz.

Miguel López, traballador municipal do Concello de Allariz e membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz, explica que este servizo que oferta o Concello de Allariz pretende concienciar á cidadanía no fomento do aproveitamento dos recursos e como é posible reciclar máis alá da separación do lixo que se xenera nas casas e nos negocios.

O Punto de Recollida e Recuperación está localizado no Polígono de Chorente na rúa nº 3, 2A e para poder achegarse, tanto para depositar obxectos como para darlle unha segunda vida ao que xa está utilizado, deberase chamar ao número de teléfono 686 477 222.

Bernardo Varela e Miguel López. Foto: Prensa Concello de Allariz
Bernardo Varela e Miguel López. Foto: Prensa Concello de Allariz
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegON

Esta xente non para de moverse. Así teñen Allariz.