O choque frontal de dous vehículos en Ordes sáldase con dúas persoas feridas, unha delas excarcerada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2021 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Unha persoa foi excarcerada polos equipos de intervención tras producirse un choque frontal entre dous turismos na mañá deste venres no municipio coruñés de Ordes, que se saldou con dous feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu a alerta deste accidente ás 8,00 horas, ocorrido no lugar de Leira, na estrada N-550.

Unha testemuña do choque chamou ao 112 para solicitar asistencia médica e axuda para unha persoa que non podía saír dun dos coches ao estar atrapada entre o volante e o asento do mesmo.

Por parte do CIAE-112 informouse os Bombeiros do concello, ao 061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Ademais, tamén se lle comunicou ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

Ao finalizar a intervención no punto, os Bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar a un home para que puidese ser trasladado a un centro hospitalario. No outro vehículo tamén resultou ferida leve unha persoa.

Accidente
Accidente | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta