Inditex cobrará polas súas bolsas en España a partir deste luns

Fontes da compañía indican que a medida non responde a unha redución de custos, senón ao avance na sustentabilidade.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 15/10/2021 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Inditex cobrará polas súas bolsas en España a partir deste luns, unha medida que xa está implantada en Alemaña e que se estenderá progresivamente ao resto de países nos que está presente, segundo informaron a Europa Press fontes do grupo téxtil.

En concreto, a compañía fundada por Amancio Ortega porá en marcha esta medida en todas as súas cadeas en España co cobro de dez céntimos por bolsa e 20 céntimos por sobre, con excepción das bolsas grandes de Lefties, que custarán 15 céntimos, e as de Massimo Dutti, cun prezo de 35 céntimos.

Inditex, que tamén aplicará esta iniciativa a semana que vén nas tendas de Austria e Bélxica, enmarca esta decisión no seu avance en materia de sustentabilidade, tras eliminar as bolsas de plástico o ano pasado e substituílas por outras de papel reciclado.

As mesmas fontes precisaron que esta medida, que adianta este venres a diario 'Expansión', non responde a unha redución de custos, xa que a recadación obtida polo cobro das bolsas irá destinada integramente a proxectos ambientais.

Tenda en Bilbao de Pull& Bear
Tenda en Bilbao de Pull& Bear | Fonte: Inditex - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta