Galicia administra outras 1.500 doses contra a COVID-19 e suma 900 persoas máis coa pauta completa

Galicia supera o 84,5% da súa poboación inmunizada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Galicia continúa co proceso de vacinación contra a Covid-19 da poboación maior de 12 anos e suma outras 1.500 doses administradas e 900 persoas máis con pauta completa, polo que alcanza o 84,5 por cento da súa poboación inmunizada e o 93,02% da diana.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse 4.406.854 dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia ata a data, 1.553 máis que as rexistradas ata o día anterior.

Máis da metade desas 1.553 doses foron àra completar pautas, ao finalizar o proceso 904 persoas máis, o que eleva ao 93,02 por cento a poboación diana inmunizada e a un 84,56% do total de habitantes.

Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.773 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.605 dependentes non institucionalizados e 27.043 que están institucionalizados. Mentres, 2.076.391 vacináronse por idade.

Por probabilidade de exposición, 72.702 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.181 do sociosanitario e 44.085 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Na Comunidade galega o proceso de vacinación contra o coronavirus continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, tras pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos.

Unha muller espera a recibir a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 11 de marzo de 2021. Galicia iniciou hoxe a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha prue. César Arxina - Europa Press
Unha muller espera a recibir a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 11 de marzo de 2021. Galicia iniciou hoxe a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha prue. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta