O Goberno abre unha liña de avais para o sector pesqueiro

A contía total é de 10 millóns de euros aos que o Delegado do Goberno insta a optar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou ao sector pesqueiro galego a "oportunidade" que ofrece a nova linea de avais que abrirá proximamente a Sociedade anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca), dotada con 10 millóns de euros en total.

Trátase dunha liña que, segundo informa a Delegación do Goberno, conta con fondos europeos de recuperación, que "favorecerá as condicións" de acceso do sector pesqueiro ao financiamento e que é posible grazas a un acordo entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a propia Saeca.

Ademais, Miñones destaca que esta iniciativa nace co obxectivo de facilitar os investimentos en sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización. De feito, prevé mobilizar 150 millóns de euros en iniciativas para mellorar a actividade económica marítima.

En concreto, poderán solicitar esta axuda os operadores de todo o sector pesqueiro, desde actividades extractivas e de produción acuícola, ata a comercialización e transformación. Poderán ser persoas físicas, xurídicas, empresas, confrarías ou asociacións, entre outras.

A actividade de Saeca consiste en prestar avais e fianzas para facilitar ao conxunto do sector primario o acceso ao financiamento. En Galicia, no últimos tres anos, esta entidade concedeu 2.700 avais por 25 millóns de euros en total.

Frota española. CEPESCA
Frota española. CEPESCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta